Rodrigo Varela Rey

Docente / Formador / Educador infantil

En búsqueda activa de empleo

O meu obxectivo é establecerme laboralmente no ámbito para o que me formei, principalmente o da formación en academias e centros ou en empresas.

Facéndolle caso a Rousseau, que dicía que o cultivo endereita ás plantas e a educación ó ser humano, formeime neste ámbito pasando desde a formación superior en Educación Infantil ata o Grao de Pedagoxía e o Máster en Procesos de Formación.

Namentres, compaxinei os estudos coa experiencia profesional en ámbitos non relacionados co contexto formativo e educativo (hostalería, comercial, xardiñeiría…) pero que me deron a oportunidade de traballar certas competencias como o traballo en equipo, a adaptación a entornos diversos de traballo e a flexibilidade que isto demanda.

A todo/a interesado/a na impartición de certificados de profesionalidade ou unidades competenciais (xa sexa no ámbito académico ou na empresa), pode botarlle unha ollada ó meu CV.  

¡Síguenos!