César Camoira Vega

Filologo, formador, corrector lingüístico e editor de textos

En búsqueda activa de empleo

Quen son?

Ó abeiro dun facho, fornecido de constancia e ilusión, camiñei na procura dos coñecementos. Día a día superei os medos ata o punto de conquista–lo tesouro da confianza.

Lonxe de se acougaren as incertezas, as nubes agromaron no horizonte. Paseniñamente a esperanza volveu ó meu ser e agardo que estas palabras poidan atrae–la súa atención para contar cos meus servizos.

Que ofrezo?

Malia seren estas palabras pinceladas breves, dispoño dunha serie de calidades  para o funcionamento e desenvolvemento da súa empresa. Entre elas salientan a exhaustividade, o rigor científico e o enfoque interdisciplinar, así como a pedagoxía innovadora e a claridade expositiva. Se son o profesional que busca, pode contactar comigo a través do correo electrónico cesarcamoiravega@gmail.com

"A lus do mundo é a que arde nunha bágoa".

Xosé María Díaz Castro

¡Síguenos!